Saturday 18 de May de 2024

A concelleira de Educación dá a benvida e bríndalle todo o seu apoio ao curso de Graduado en ESO para adultos


A concelleira de Educación, Susana García, deulles a benvida aos case trinta alumnos e alumnas do curso de Graduado en ESO para adultos que deu comezo en Ordes. García animou a todas e todos a acadar este título “que lles brindará a posibilidade de mellorar a súa situación laboral e que é imprescindible para cada vez máis cousas”. A edil tamén lles lembrou a todos a posibilidade de valerse do Departamento que dirixe para transmitir calquera suxestión ou beneficiarse das axudas que estean da súa man. Tamén felicitou a toda a clase pola decisión e valentía que supón volver retomar os estudos.